Para todos os públicos, actividade adicada á astronomía, na Casa do Pobo de Moreira, no concello de Soutomaior. Haberá telescopios e outras cousas, máis chocolate para acompañar.
Día 10 de outubro de 2025, as 21:00. Non precisa inscrición previa.
Organizada polo Concello de Soutomaior en colaboración coa Asociación Astronómica Sirio e a participación da Asociación Cultural Aeronáutica Española.
A Asociación Sirio participa este ano 2025 na Noite Internacional de Observación da Lúa, que será o 4 de outubro, ampliando as prazas da súa tradicional visita guiada dos sábados ao Observatorio Astronómico de Cotobade e adaptando a súa temática aos obxectivos «luares» desta noite internacional.
Haberá 60 prazas para esta actividade. Fai a túa reserva aquí.
Esta Noite Internacional de Observación da Lúa é un evento público anual a escala mundial que fomenta a observación, apreciación e coñecemento da nosa Lúa así como a súa conexión coa ciencia e a exploración planetaria. Todos os habitantes da Terra están invitados a participar neste evento, sexa como anfitrións ou como asistentes dunha actividade de observación da Lúa. Para máis información podes visitar https://moon.nasa.gov/observe-the-moon-night/
Sábado 9 de agosto de 2025, a partir das 22.30h, no Castro de Troña, Pontevedra.
Organiza: Concello de Ponteareas
Venres 1 de agosto de 2025, de 22.30 a 1.30h, na Carreira Ancha, Insua, Ponte Caldelas.
Observación con telescopios, explicación das constelacións de verán e observación de perseidas.
Organiza: Concello de Ponte Caldelas
Colaboran: Asociación de Veciños da Insua e Asociación Astronómica Sirio
Andaina nocturna ao Observatorio de Cotobade, 24 de xullo de 2025. Saída desde a Praza do Concello, sede Carballedo, as 22:15. Prazas limitadas por orde de inscrición. Inscrición só telefónica no 986 394 573.
Levar roupa de abrigo, calzado cómodo, e lanterna para a andaina (non usar no observatorio).
Observación astronómica no marco de Ponteverán 2025, programa de lecer en tempo libre do Concello de Pontevedra.
Observación astronómica no Observatorio de Cotobade, (18-35 anos), 2 de agosto, de 22.30 a 00.30 h
Prazas limitadas, reservas en https://apuntate.pontevedra.gal/observacion_astronomica_observatorio_cotobade_2025/
- On The Moon Again, 2025
- Observación astronómica na Tomba
- Observación da eclipse do 29 de marzo
- Noites Abertas 2025
- Noite Internacional de Observación da Lúa 2024
- Observación nocturna no Castro de Troña
- Ponteverán 2024
- Perseidas 2024, na Insua
- Andaina nocturna ao Observatorio de Cotobade 2024
- Observación solar no monte
- On The Moon Again, 2024
- Observación astronómica no Pontillón do Castro
- Visita do IES Torrente Ballester
- Taller de Nadal
- Observación con Alborada
- Visita do IES A Sangriña
- Observación do ceo nocturno, Ponteareas 2023
- Camiñata Nocturna ao observatorio 2023
- Festa dos Libros 2023
- On The Moon Again, 2023
- Ponteverán 2023
- Gran actividade no parque forestal de A Fracha
- Charla "Na procura do norte"
- Día de Rosalía 2023
- Visita do IES A Sangriña
- Observe the moon night 2022
- Observación desde O Castro da Troña, 2022
- Ponteverán 2022
- Observación astronómica verán 2022 na Insua
- On The Moon Again, 2022
- Espíritu montuno 2022
- Visita do IES Ponte Caldelas
- Noites Abertas 2022
- Visita de alumnos do IES A Xunqueira I
- Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, 2022
- Actividade no IES Mendiño
- Ponteverán 2021
- Perseidas 2021 en Ponteareas
- Espíritu montuno 2021
- Una mirada al centro galáctico
- Tránsito de Mercurio, 2019
- Observe the moon night 2019
- Vixésimo aniversario
- Noites Abertas 2019
- Jornada de puertas abiertas en el OAC
- Planetas enanos: desentrañando misterios
- Perseidas 2018 en Ponteareas
- Perseidas 2018 no OAC
- Vés contar estrelas con nós?
- APOD NASA
- Noites Abertas 2018
- Contaminación luminosa: Tomemos medidas!
- Perseidas 2017 en Pontevedra
- Noites Abertas 2017
- APOD NASA
- Observación urbana
- Perseidas 2016 en Ponteareas
- Perseidas 2016 no OAC
- Maratón Estación Espacial Internacional
- Tránsito de Mercurio, 2016
- Observación urbana
- Seminario: Introducción a la observación astronómica
- Observación urbana
- Concurso de fotografía
- Eclipse solar: charla máis observación
- Charla sobre a eclipse de sol
- Feira Franca 2014