Siluetas de persoas observando unha lúa gibosa, e de fondo siluetas de lugares emblemáticos de todo o mundo.

A Asociación Sirio participa este ano 2025 na Noite Internacional de Observación da Lúa, que será o 4 de outubro, ampliando as prazas da súa tradicional visita guiada dos sábados ao Observatorio Astronómico de Cotobade e adaptando a súa temática aos obxectivos «luares» desta noite internacional.

Haberá 60 prazas para esta actividade. Fai a túa reserva aquí.

Esta Noite Internacional de Observación da Lúa é un evento público anual a escala mundial que fomenta a observación, apreciación e coñecemento da nosa Lúa así como a súa conexión coa ciencia e a exploración planetaria. Todos os habitantes da Terra están invitados a participar neste evento, sexa como anfitrións ou como asistentes dunha actividade de observación da Lúa. Para máis información podes visitar https://moon.nasa.gov/observe-the-moon-night/

Usamos cookies
Usamos cookies de terceros que éstos utilizarán para fines analíticos y para mostrar publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Puedes rechazar el uso de las cookies, en cuyo caso no funcionarán correctamente las funciones del sitio web facilitadas por terceros, en particular el sistema de reserva de visitas guiadas al observatorio astronómico.