dúas nenas observando no telescopio

Cada sábado PREVIA RESERVA e sempre que a meteoroloxía o permita, organizamos unha observación astronómica guiada do ceo nocturno no Observatorio Astronómico de Cotobade, para dúas quendas de 15 persoas cada unha.

A actividade é gratuíta pero é imprescindible a reserva previa.

Se traes máis persoas que prazas reservadas, esas persoas non poderán participar na actividade.

Unha reserva para unha persoa menor de idade debe ir obrigatoriamente acompañada dunha reserva para unha persoa adulta responsable. Un adulto pode acompañar só un número razoable de menores.

É importante levar roupa de abrigo: no observatorio pode chegar a facer moito frío, mesmo no verán. A quitar prendas sempre hai tempo, pero se non tes roupa de abrigo que poñer a experiencia pode ser moi desagradable.

A actividade comeza á hora reservada, se chegas máis tarde non se che atenderá.

PREGUNTAS FRECUENTES

Como é a visita?

A visita, despois da benvida e dunha breve explicación da historia do Observatorio, divídese en dúas actividades:

  1. observación a través do telescopio da cúpula del observatorio
  2. explicación do ceo a simple vista e observación a través de telescopio ou de binoculares de gran formato, todo isto no exterior do observatorio
Cal é o horario?

O horario depende da época do ano, segundo a hora do anoitecer. Informarémosche da hora exacta ao facer la reserva, pero tes a continuación unha táboa de horarios aproximados:

MES PRIMEIRA QUENDA SEGUNDA QUENDA
XANEIRO 20:00 21:00
FEBREIRO 20:30 21:30
MARZO 21:30 22:30
ABRIL 22:30 23:30
MAIO 23:00 0:00
XUÑO 23:00 0:00
XULLO 23:00 0:00
AGOSTO 22:30 23:30
SETEMBRO 21:30 22:30
OUTUBRO 21:30 22:30
NOVEMBRO 20:30 21:30
DECEMBRO 20:00 21:00
Que pasa se o ceo non está despexado na noite da visita?

Se non hai previsión de ceos suficientemente despexados cancélase a actividade. Avisamos por correo electrónico o mesmo día da actividade. Debes estar pendente da caixa de correo electrónico que facilitaches ao facer a reserva. No caso de cancelación, a reserva non se pode cambiar para outro día.

Se, aínda con boas predicións, non se puidera observar o ceo nocturno, amosaranse as instalacións aos visitantes e realizarase algunha actividade divulgativa sobre astronomía có material educativo dispoñible no observatorio.

Como pode ser que sexa gratis?

O custo das Observacións Guiadas sufrágao a Asociación coas cotas dos seus socios e coas doazóns voluntarias que os visitantes deixan no peto do Observatorio o día da visita; sen as doazóns non sería posible o desenvolvemento destas actividades.

 

RESERVAS

 

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.